"Sempre imaxinei que o Paraíso sería algún tipo de biblioteca" (Jorge Luís Borges)
22.1.09
O poder da imaxinación
Hoxe chegou a Vigo Chus Lago.
Para quenes non saibades quen é, trátase da 3º (4ª?) muller no mundo que chega camiñando ó polo Sur.
Chus saeu de Vigo o 31 de Outubro do ano pasado e chegou ó seu destino o 8 de Xaneiro despois de percorrer 1.200Km en 60 días camiñando co seu trineo.
Soa.
Conta que levaba na súa equipaxe un reproductor de música para sentirse acompañada nas travesías diarias. Pero estragouse. Non funcionou. E a deportista topouse no medio do xeo, sen máis paisaxe que ceo e neve.... soa...¿que podía facer? Pois botou man da IMAXINACIÓN.
Contouse historias a sí mesma durante esas xornadas interminables.
Non puiden evitar estremecerme cando hoxe llo escoitei dicir nada máis baixar do avión que a trouxo á casa.
A imaxinación....¡canto poder hai nesa palabra! A ela doulle forza, compaña, azos... e axudoulle a acadar a súa meta.
¿Non é unha fermosa noticia?
P.D.- Deixamos para outro día comentar que se trata dunha muller, e que é galega.
Etiquetas:
chus lago,
imaxinación
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
1 comentario:
Eu escoitei a Chus Lago na radio, cando contaba que houbo un día que pensou que ía morrer, soa, perdida no xeo, porque non era quen de montar a tenda coas manos paralizadas polos non sei cantos graos baixo cero. É marabillosa.
Publicar un comentario