30.1.09

O noso Día da PAZ


Estes son algúns dos momentos que vivimos hoxe: poemas, debuxos, canción...alegría, desexos, reflexión... paises, culturas... nenos e nenas... armas de chocolate, pistolas de caramelo, tanques de gominola...
Tal vez.
Algún día.
De momento, van reflexionando e aprendendo palabras de PAZ.

Desde o equipo de Biblioteca fixemos unha selección poética para os diferentes cursos: un poema para cada grupo, que aprenderon e aparecen colgados en arquivos de voz na entrada anterior deste blog. Hoxe, no acto de celebración léronse só algúns: Uruguay, Perú, García Teijeiro, a Rolda do Soldadiño que nos cantaron os de infantil...

Previamente fixeran as cortinas de PAZ coas siluetas de pombas que cada ún coloreara. Despois, cantamos a canción que Mabel escolleu para todos.Para rematar, os nenos e nenas do 3º ciclo formaron a palabra PAZ que ensaiaran coa profe Laura.

Unha bonita xornada. Emotiva. Das que tocan o corazón.

7 comentarios:

PUCA dijo...

Un día ben completo e fermoso.A mellor recompensa é ver o sorriso das nenas e dos nenos.Unha aperta.

Mari Carmen dijo...

Visionado,todo moi ben.
Unha man chea de saudos de PAZ para todos; nenos,nenas,mestres e mestras
Mari Carmen

olga dijo...

Carme, pola miña banda espero que tamén para ti fóra un día cheo de traballos destes que reconfortan a alma. ¿Escoitaches ós teus ex-alumnos dicir o seu poema?
Alégrome de que te pasaras a saudar...¡anque sexa cibernéticamente!
Bicos

Leo dijo...

O outro día pasei pola biblio a deixarlles uns libros de agasallo por un traballo que fixeron e había un barullo tremendo de poemas e poetas. ¡Gustoume tanto!

MESTURAS dijo...

Un saúdo a todos eses nenos e nenas tan fermosos desde Pontevedra. Sodes un exército indestructible.

Montse dijo...

Olga, nótase que foi un día especial, un día que me permitiu enlazar unha nova amizade.
Grazas e un abrazo desde Lleida.

Andrade39A dijo...

Pois si que tivéchedes bonitas e variadas actividades!!!!!
Parabéns a todos eses rapaces e rapazas, e que todos os días do ano sexan días de PAZ.
Un agarimoso saúdo de
Raioteca.