18.1.09

Nenos victimas... SEMPRE


Estes días que andamos ás voltas coa guerra en Palestina, son axeitados para a reflexión sobre as voltas que dá a historia e a voz que teñen os nenos e nenas nela.


Pilar Sampedro, unha amiga querida, mandounos un correo falando de algo que nos andaba na cabeza e ela escribeu con claridade meridiana:

[...]tal vez se impoña unha reflexión imprescindible acerca dos medos e dos odios, de como hai que lembrar o pasado pero non instalarse nel para facerse dono duns dereitos absolutamente inxustos cos demais pobos.
¿Para cando os nenos palestinos terán unha voz que no seu nome lles fale aos nenos do mundo? Pensade na cantidade de libros protagonizados -con todo o dereito e algún máis- por nenos xudeus. ¿Terán que matar a moitos máis -tantos coma aquela vez- para que alguén se faga eco da súa voz?
Pilar Sampedro. (Vía o Segrel do Penedo)


Ó tempo chéganos, a través de Mesturas unha moi ilustrativa selección fotográfica que revela con claridade o que queremos dicir.

Non son quen de entender os mecanismos que fan que as víctimas se transformen en verdugos. Pero sí sei que os nenos e nenas están sempre no primeiro grupo:
o dos que sufren e non teñen voz.

1 comentario:

Loly dixo...

Canto horror, canto sufrimento!
Que nunca aniñe neles o xerme do odio!!