9.1.09

Materiais para a PAZ

Andamos a preparar o día escolar da Paz e a non violencia que, como sabedes se celebra o día 30 deste mes que andamos e este ano anda un pouco amolada (a PAZ, quero dicir)
Navegando pola rede topamos con algúns materiais que poden ser de interés e que vos achegamos para que non se perda máis tempo.
O primeiro do que vos queremos falar é o blog de Poesía infantil i Juvenil do que quitamos o debuxo que ilustra esta entrada. Nel toparedes enlaces a algúns sitios verdadeiramente interesantes.
Especial atención merece a páxina de Intermon-Oxfam que inclúe algunhas propostas para levar ás aulas nos catro idiomas do estado. Inclúe, asemade, un apartado de publicacións que se poden pedir por correo e dos que algúns (como os videos) están tamén en galego.
Para escolares máis maiores, pode ser interesante a páxina de Celia Fernández Corral.
Do que andamos escasos, de momento, é de materiais en galego, dos que só dispoñemos da páxina do SGEP. Pero todo se andará. Queda por diante unha longas e fría fin de semana para bucear no que temos, no que sabemos ... e no que podemos topar.


Aprende máis sobre a PAZ

1 comentario:

Loly dixo...

Si que anda amolada, si...
Hoxe falando cos rapaces de 4º de ESO sobre a actividade de poesía que se está a organizar, un deles comentou "Si, nós moito facer en prol da Paz, pero seica os que debían non se enteran de nada" ¡¡¡!!!
Bicos