9.6.11

Festa Fin de Curso


Hoxe puxemos o remate a este curso que foi moi, moi intenso.
Organizamos a festa habitual na que entregamos os diplomas e uns agasallos ós nenos e nenas que nos axudaron no traballo durante todo o curso.
Non nos cansaremos nunca de agradecer ese traballo que, anque a vos non volo pareza é moi importante: levades o préstamo e as devolucións, organizades os Hoxe le..., ordenades os andeis, axudades ós pequenos, axudades nos traballos de preparación dos materiais para incorporalos á colección... Non seguirei. Só, e unha vez máis:

GRAZAS!!!

Tamén entregamos eses premios que esperades sempre con tanta intriga: os dos Máis leóns. Damos un a quen máis libros levou da BE de entre os escolares do 3º ciclo e outro para os do 2º. Este curso, e como novidade, a profesora de EI de 5 anos pediunos poder participar na festa entregando un agasallo a quen máis libros levou para ler coa familia da súa aula (eso das bolsiñas dou moito xogo!) e tamén se lle entregou. Resultado:
Nico, de 5º
Paula, de 3º
Noemí, de EI 5 anos.

PARABENS A TODOS!!!

O acto abrírono Pablo Parga, Samuel e Aday, alumnos de 6ºB, que leron O gato con botas, coa técnica do kamishibai. Ensaiaron moito moito e, como non podía ser doutro xeito, saíulles MALLADO!

E... ata o curso que ven. Que volveremos comezar. Algúns xa non estaredes aquí pero outros seguiremos a facer o noso traballo o mellor que sabemos sempre na onda de namorarvos dos libros e a lectura.

FELICAS VACACIÓNS... LENDO!!!
Ah! Que queredes saber os Premios! Vale.
Para os LEÓNS: cadanseu libro, unha mochila das Bibliotecas Escolares de Galicia e un Diploma acreditativo.
Para os/as colaboradores: unha libreta das Bibliotecas Escolares de Galicia, un boli multicor, un portaminas e un Diploma acreditativo.
Para todos/as. unha chapa da Hora de Ler das Bibliotecas Escolares de Galicia.

Ningún comentario: