22.6.11

Festa de Fin de curso



Hoxe tivemos a festa de despedida do curso. O Concello de Malpica e a AMPA puxeron á nosa disposición uns xogos hinchables moi divertidos e unha excelente merenda. Tamén nos acompañaron os compañeiros e compañeiras do CRA que compartiron con nós o teatro de guiñol que tiñan previto.
Recibimos a visita do alcalde e de dous dos seus concelleiros, así como do Técnico Municipal de Cultura.
Foi unha festa divertida na que, ademáis, acompañounos o tempo e non choveu.
Algo de tristeza polos nenos e nenas que deixan o cole para sempre, algo tamén polos amigos ós que non veremos ata o curso que ven, polos profes que marchan... pero moita alegría polo traballo ben feito, polo descanso que se aveciña e polo moi cheos que se presentan os días de verán.
A todos e todas: GRAZAS!!!

No hay comentarios: