1.6.12

Festa final: lendo para vos

Hoxe foi a nosa festa: a festa da biblio. Tódolos anos esperamos esta ocasión para agradecer aos nosos nenos e nenas tanto traballo, tanta lectura, tanta atención... E este ano decidimos LER PARA ELES. O certo é que foi moi emocionante: por ler para os rapaces, por ler nós xuntos, por preparar a lectura...todo iso que durante o ano os nenos e nenas fan gustosamente para compañeiros e profesores, hoxe fixémolo nós. E foi moi bonito. Escollimos o libro de Ana Mª Fernández A CASA DE HABÍA UNHA VEZ (Xerais, 2001) que nos pareceu o máis acaído para rematar este curso no que tentos contos aprendimos e ¡escribimos! Tamén entregamos os premios aos máis leóns de 2º e 3º cdiclos que resultaron ser Nico (de 6º) e Clara (de 4º) Abrimos un paquete que nos deixou Leo e, para rematar, todos recibimos caramelos e marcapáxinas. Xa só queda, escoller os libros que leremos nas vacacións e seguir disfrutando da lectura e dos contos compartidos.
Grazas a todos e todas

2 comentarios:

Mª delCarmen Vázquez dixo...

Que envexa me dades!
Eu tamén estaría encantada participando nesa actividade.
Biquiños para tod@s.
Mari Carmen V.

olga dixo...

O certo é que no colexio reina un excelente clima de traballo, concordia e camaradería. E supoño que se nota desde fora. Grazas pola túa amabilidade.