O vindeiro martes PECHAMOS.
Preparamos unha serie de actos cos que esperamos despedir como se merece este curso tan cargado de experiencias apaixoantes.
Entre outra scousas teremos a entrega de diplomas ós que fúchedes colaboradores da biblio. Tamén a aqueles que leváchedes máis documentos en préstamo e que nós, familiarmente chamamos Os Máis Leóns.
Proxectaremos as montaxes que fixemos coas lendas que nos contaron os avós, e están convidados. Visitaremos a expo das buxainas... haberá tamén entrega de orlas, xogos, bocadillos...
Enfin, esperamos que o pasedes tan ben como cariño puxemos en preparalo todo.
Consultade o programa exacto AQUÍ
E feliz descanso para todos e todas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario