Eso foi do que nos falaron moitas familias de Infantil que, ó recibir a mochila viaxeira, disfrutaron cun libro especialmente: "Dedín, dedín de pequenequín".
Trátase dunha recollida de folklore infantil feita hai xa anos (1990) por un grupo de profesores/as coruñeses e editada por Edicións do Castro.
Pais e nais disfrutaron compartindo cos seus fillos pequenos coplas, recitados, xogos... que crían ter esquecidos e que o libro trouxolles de novo á memoria.
Ven esto a conto porque queremos hoxe encomendar a visita a Orella pendella, unha web que ten exactamente a mesma finalidade pero... noutro formato.
Porque as familias sempre disfrutan con estes momentos compartidos. E porque a transmisión oral segue a ter un oco na vida de cada día.
Tamén hoxe.
2 comentarios:
Canto tempo desde o Dedín... Paréceme fantástico que aínda se empregue. Parabéns.
Os bos materiais (e este é EXCELENTE), non caducan. Velaí a proba.
O único problema está, coma decote, na edición: é moi dificil de conseguir.
Publicar un comentario