Ven de sair ó mercado o nº 48 da RGE que edita Nova Escola Galega.
Trátase dun número monográfico sobre as Bibliotecas Escolares Galegas. Artigos escritos polos responsables dalgunhas delas que pretenden mostrar o amplo abano de actividades que estes importantes centros de resursos desenvolven nos centros educativos galegos.
Afortunadamente é xa imposible que aparezamos todas as bibliotecas activas que hoxe traballamos en Galicia: as que están mostran o seu bo facer e falan por todas pois as dinámicas de traballo son moi semellantes grazas á magnífica coordinación e difusión da información que se leva a cabo desde a Asesoría.
Ademáis dos responsables de BEs, participan un ilustrador, unha inspectora, un director de centro, o profesor Manuel Area e unha entrevista a Juan Mata. completan esta vista panorámica sobre esta realidade consolidada que son as BE Galegas.
Cristina Novoa e Pilar Sampedro coordinan o monográfico.
Podedes ver un resumo dos artigos AQUÍ
(Visto no blog da Asesoría)
Ningún comentario:
Publicar un comentario