11.4.10

Wibiya

Seguro que notaches estes días a aparición dunha nova barra de ferramentas ó final da fiestra deste blog. Eu vírao por aí en algúns blogs, por exemplo no Segrel do Penedo, e parecíame útil pero... ¡iñoraba todo o demáis!
Trátase de Wibiya.
Unha vez dentro e identificado (vale a conta de gmail) podemos escoller as aplicacións que nos xeitean (trae algunhas seleccionadas por defecto, pero podemos modificalas) polo tanto é totalmente persoalizable: últimas entradas, visionado aleatorio, blogs secundarios, caixa de búsqueda... ¿As que máis me gustan a min? os accesos directos ós álbumes de fotos e á canle youtube, a posibilidade de compartir unha entrada no Facebook (ou outras redes sociais)...

Topei na rede un titorial que, a min sirveume para colocar a nosa. Así que, se vos parece útil...¡adiante!

9 comentarios:

Marina dijo...

Bueno.... outra experta máis.... dentro de pouco nen se vos pode tusir.... Que bo traballo estas a facer Olga. Eu vou ver si practico un pouco pero teño tantas ferramentas atrasadas que non sei si lograrei poñerme ó día ....

Calebe dijo...

Porém, fica a questã,é pesado ou não?

olga dijo...

¿Expertaaaaa? O que procuro é andar DESperta ja, ja, ja...
Calebe: non che poido contestar porque non sei exactamente CANTO pesa. Non moito, porque o blog carga coma decote.

O Segrel do Penedo dijo...

Totalmente de acordo contigo. É unha ferramenta moi útil. Eu, ata agora, o único defecto que lle encontro, e probablemente sexa erro meu, é que on consigo poñela no resto dos blogues do cole porque non podo utilizar o mesmo correo... Snifff

Montse dijo...

Si que sembla interessant.
Algun dia ho provaré.

Se iso parece interesante.
Algún día eu vou tentar.
Moltes gràcies

olga dijo...

Es muy sencillo, Montse: en diez minutos lo haces. De verdad.

Maria dijo...

Ei, que chulo! No IES O Ribeiro comezamos hai un mes a facer o blogue e andamos á espreita de "utensilios" coma este. Grazas por explicalo.
Marina, nos tamén andamos enguedelladas con tanta ferramenta...

olga dijo...

Alégrame que vos servira.

BIBLO dijo...

Parece interesante, nos temos aínda moito que aprender. Tedes un blog estupendo. Como logrades tanto e tan bo? supoño que traballando e traballando...