20.10.17

Comezou: Hoxe le...

 Esta semana comezamos con esta actividade que nos é tan querida: Hoxe le...
Trátase dun exercicio de lectura onde os máis maiores (de 3º en diante) escollen unha lectura para ofrecerlla aos pequenos.

Eles/as autoxestionan orde, lecturas... e poden pedir a axuda que precisen: para escoller os textos, para preparalos....
 
 O certo é que están desexando chegar a 3º para cambiar o rol e pasar de receptores a lectores.


As primeiras lecturas escollidas?
A min non me comas 
Cocorico

Dous "básicos" que lles chiflan!
Pois, non teñen mal gusto, non!

Ningún comentario: