18.10.17

Semana mundial da AMI

Que facemos cando estamos diante dun ordenador?
Xogar, mercar, informarnos, usar as redes sociais...
Xa.
Pero...Como o facemos? Como seleccionamos a información? Como navegamos? Se algo está publicado, necesariamente merece a nosa confianza?

Estas e outras preguntas son hoxendía de ámeto mundial e os educadores tentamos darlles respostas sempre co obxectivo de educar cidadáns críticos. Porque no presente, xa as fontes electrónicas son centrais nas nosas vidas. E no futuro inmediato serano cada vez máis. Daquí a uns anos a verdaderia exclusión social será NON ESTAR ALFABETIZADO/A no uso da tecnoloxía da información

Este é o obxectivo desta Semana que nos propón a UNESCO.
Como educadores preocúpanos que a Competencia en Información se reduza á competencia dixital: porque non só hai que saber usar as máquinas. Non. Hai que aprender a usalas ao noso favor, buscando o que precisamos e escollendo o que queremos.
E iso hai que aprendelo.
Porque quenes hoxe son os nosos alumnos serán cidadáns globais: non sabemos en que van traballar, nin onde o van facer... porque cada vez máis, o escenario é aberto e precisa dunha nova maneira de alfabetizar.

Publicación da Asesoría de BEs

No hay comentarios: