20.10.17

Arrancar os venres robóticos

Hoxe comezamos o Obradoiro de Robótica do noso Leolab ( parte da biblioteca dirixida ó traballo constructivo e creativo en equipo). Fixemos circuítos que tiñan que percorrer os escornabots, pero no deseño tivemos que ter en conta que se desplazan 10 cm e que os camiños facíanse con palliñas de 20 cm, así que tivemos que medir e cortar para facer circuítos adecuados, e como sempre, os maiores axudaron ós máis pequenos. Encantoulles a actividade!!

                  

                      

Ningún comentario: