Nos vindeiros 20 e 21 de novembro celebraranse en Compostela as VI XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA, unha actividade de formación permanente do profesorado, organizada conxuntamente pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, a través da Asesoría de bibliotecas escolares, e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa (a través do CAFI). Agárdase a asistencia dun milleiro de profesoras e profesores de toda Galicia, coma en anos anteriores.O programa previsto contempla un bo feixe de experiencias de bibliotecas escolares galegas que funcionan como "bases de exploracións", en alusión ao lema da campaña de bibliotecas escolares deste curso 2015/2016, así como experiencias de traballos por proxectos coordinados por distintas bibliotecas escolares.
Acudirán, así mesmo, expertos de distintos ámbitos que axudarán á reflexión sobre os novos retos que deben enfrontar as bibliotecas escolares e os centros, en definitiva, para facilitar a adquisición das competencias clave por parte do alumnado, tendo nas bibliotecas escolares o gran aliado. Carlos Magro, Xurxo Mariño, Guadalupe Jover, Felicidad Campal, Rosa Piquín e Ana Siro acompañarán ao profesorado galego nesta cita anual para o intercambio de experiencias, a análise o desenvolvemento de recursos para unha mellor práctica.
Vía Asesoría de Bibliotecas escolares de Galicia
Ningún comentario:
Publicar un comentario