23.11.15

Materiais das Xornadas

Como xa vos contamos, estes pasados venres e sábado tiveron lugar en Compostela as VI XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA.
Como ven sendo habitual na Asesoría de Bibliotecas Escolares e no CAFI, tanto a organización coma a selección de ponentes foi impecable e, a pesares de que resulta cansado rematar o traballo na escola un venres e sair con présa para Santiago, pagou a pena.
Deixovos o enlace a todas as presentacións e recomendo especialmente algunhas:

A de Rosa Piquín porque é unha mestra explicando o contido do traballo por Proxectos.
A de Carlos Magro porque nos dará alimento para pensar e saber por que facemos as cousas e que orientación ten (ou ten que ter) a escola que precisan os nosos escolares.
A de Guadalupe Jover, porque é unha muller que está cada día a pé de aula.
 Deliciosa Ana Siro falando de álbumes e mediadores
E, entre as mesas de experiencias, dando por sentado que todas son interesantes e son seleccionadas entre o moitísimo traballo que se fai nos centros públicos galegos, eu recomendo non perderse a do CEIP de Louro (Lendo o mar) e a do IES Ramón Mª Aller de Lalín (Toc-toc a ciencia)
E, por suposto, todas as demáis.
Podedes acceder a elas AQUÍ

Ningún comentario: