29.5.12

As mamás tamén contan

xa sabedes que gusto de andar por outras bibliotecas escolares e disfrutar do que fan. E paseino xenial na do CEIP Condesa de Fenosa do Barco de Valdeorras.  Son un grupo de mamás! Si, animadísimas como vedes, comprometidas coa animación á lectura dos seus fillos e fillas non dubidaron en escenificar este conto que tanto nos gusta A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza.
E que a min sempre me pareceu que esto de achegar aos rapaces á literatura e motivalos, sendo unha cuestión escolar, non vai a ningures se as familias non se comprometen con ese obxectivo. E aí as tendes: animadas e comprometidas. Parabéns!

Ningún comentario: