24.5.12

Stop motion

O noso blog amigo Xogosdelingua na súa publicación de hoxe, suxíreme a idea de achegarvos a esta técnica coa que nos andivemos a partir a cabeciña nos últimos días. Trátase da stop motion, a vella técnica de animación para crear debuxos animados e que hoxe, coa axuda da tecnoloxía resulta algo máis doada. Calquera conto se pode trasladar a historia animada ¡E mira que non se escriben contos nas escolas! O video do IES As Barxas de Moaña explica ben a técnica. Hai moitos programas que se poden usar: MonkeyJam, Stop Motion Pro 6.5, Sony Vegas 10 Pro ... Deixovos outro titorial para facer prácticas.

1 comentario:

biblioteca de leirado dixo...

É moi apetecible, sobre todo despois de ver as chulísimas animacións que se andan a facer nalgúns coles. Haberá que poñerse. Saúdos.