17.9.11

Recoñecemento

O diario dixital Que pasa na Costa escolleunos esta semana coma bitácora da semana.
É grande a actividade na rede da Costa da Morte así que agradecemos ós amigos xornalistas esta distinción que valoramos polo que ten de difusión da nosa actividade.
Corren tempos revoltos para a educación de feito non sabemos como faremos este curso para seguir presentes na rede e ofrecer ás familias, ós escolares e a cantos nos seguen a presencia á que estamos afeitos.
Do que estamos seguros é de que faremos canto esté na nosa man para que a calidade do noso traballo dentro das aulas  non baixe. Lembrade que nos suprimiron case un 15% do profesorado ( seremos 3 profes menos que o curso pasado).
Razón de máis para agradecer este recoñecemento.

2 comentarios:

Mari dixo...

Unha vez máis o Milladoiro está de noraboa. É unha mágoa que os nosos políticos queiran acabar cos colexios públicos e co traballo e esforzo de centos de mestres que invirten moitas horas, esforzo e ilusión nesta bonita pero desprestixiada profesión.

Leo dixo...

Bueno, haberá que pensar na máxima de C.J.Cela:
QUEN RESISTE, GAÑA!