15.9.11

Noraboa, MESTRE!

Agustí Fernández Paz ven de recibir o Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil que lle será entregado o vindeiro 25 de Novembro no marco da Feira Internacional do Libro de Guadalajara (México)
O escritor vilalbés afincado en Vigo e, ante todo, un MESTRE. Porque dedicou á docencia toda a súa vida profesional e porque, tamén desde a literatura ten esa actitude: a de quen axuda a descubrir o mundo.
Na súa extensísima bibliografía hai libros para tódalas idades e, ten o don de resultar sempre interesante, sempre apaixoante, sempre cálido.
A súa obra, escrita en galego, está traducida a moitos idiomas o que fala da súa universalidade.
Resultará interesante ler a entrevista que ven de publicar un xornal galego na que o autor di cousas coma esta:
Se aquí lemos novela islandesa, tamén a nós nos poden ler fóra.
Tamén son de gran interés as súas reflexións sobre o valor dos contos tradicionais ou clásicos, opinións nas que coincide coa tamén escritora Ana Mª Matute:

As versións orixinais da Cincenta, Brancaneves ou Hansel e Gretel son terroríficas. Pero debaixo de cada conto popular hai un río subterráneo de ensinanzas para superar os medos e os perigos.

Saudamos o recoñecemento recibido por Agustín, este escritor a quen levamos no corazón.

Ningún comentario: