27.9.11

Pioneiras

Finalmente este vran houbo o tempo necesario para rescatar como é debido esta publicación.
Como xa dixemos noutras ocasións trátase dunha escolma de mulleres científicas, empresarias, emprendedoras... todas elas galegas. As súas biografías formaron parte dunha exposición que co nome de Pioneiras percorreu Galicia no ano 2009 da man do xa desaparecido Servizo Galego de Igualdade.
Ofrecer modelos de muller é sempre un obxectivo educativo, moito máis se se trata de mulleres que sortearon dificultades sen pararse nelas fora porque así o quixeron, fora porque non lles quedou outra saída.
Ben. Eiquí está o caderno para o seu uso, disfrute e divulgación. Para todos vos.
Porque as mulleres pioneiras non son SÓ as de fóra.
E iso é algo que hai que contar para modelar o imaxinario.

Ningún comentario: