15.7.11

Pedras que falan


Falaba eu hai uns días da importancia (e o placer) de ler a cidade. Pois, seguindo nesa onda, deixovos hoxe esta video de Bieito Romero con imaxes de pedras labradas, pedras simbólicas, pedras... bonitas! Todas elas están en Galicia: en casas, en igrexas, en hórreos... Só hai que andar cos ollos ben abertos para reparar nelas xa que, tal vez pola súa abundancia, pasamos cada día ó seu carón sen velas.
Somos tan, tan ricos que a súa presencia parécenos natural.
Propóñovos que abramos ben os ollos e hoxe, ó sair da casa fagamos o reconto das marabillas que nos rodean no noso entorno máis cercano. Non é preciso saber como se chaman, nen a súa historia...
Trátase de disfrutar e apreciar.
O mesmo autor (que, por certo é músico) publicou no 2009 coa editorial IR INDO o libro Xeometrías máxicas de Galicia
Para disfrutar de sermos ricos!

No hay comentarios: