18.7.11

La escuela fusilada


Hai hoxe 75 anos do comezo da Guerra Civil Española. Hoxe veremos o aniversario en tódolos xornais, telexornais...
Convídovos a ver o documental La escuela Fusilada que explica o tratamento que sufriu escola e profesorado a mans do exército golpista.
Convén escoitar estas testimuñas, de viva voz.
O labor a II República a prol da educación foi inmenso: España viña dunha monarquía que convertira ó noso país no máis atrasado de Europa no que á educación se refería (30% de analfabetismo, 30.000 escolas en todo o territorio, non obligatoriedade da escolarización...)Do papel das Misións Pedagóxicas xa falamos neste blog
En tres anos, todo aquel traballo e aquela inversión rodaron polo chan. Os mestres? no mellor dos casos: no exilio.
O documental foi dirixido en 2006 por Iñaki Pinedo e Daniel Sánchez e premiado en múltiples festivais de cine. Este vídeo é o primeiro dunha serie de seis. Están todos nese mesmo espazo web.
Máis.

Ningún comentario: