13.7.11

Ler a cidade

Unha cidade é coma un libro: pódese ler. Para o viaxeiro, as formas das rúas, os diferentes estilos arquitectónicos, as casas-cadaver... mesmo as placas do nomenclator...TODO lle fala.
Un paso máis nesta lectura son as rutas literarias propiamente ditas: cando o escritor utiliza o escenario dunha cidade para situar o seu argumento, o lector gusta de visitar eses escenarios e re-vivir a historia lida.
Neste sentido, Barcelona é exemplar: ate 14 libros ambientados na cidade condal están ofertados nestas rutas. Deixovos o vínculo por se pasades por alí e queredes facer algunha delas
Comunidades como Andalucía teñen rutas, esta vez protagonizadas por autores: Cervantes, Lorca, Juan Ramón Jimenez, Vicente Aleixandre...
Tamén Castilla-La Mancha ofrece este servizo pero en liña, para que o viaxeiro se organice na intimidade.
Onte souben que a UDC organizou este verán un curso co moyivo central de Os libros arden mal, de Manolo Rivas.
Pareceume unha excelente nova e foi mágoa non telo sabido antes. Acariño a idea de que a Oficina de turismo da Coruña se apropie da actividade e nola ofreza: a nós e a cantos viaxeiros a demanden.
As grandes cidades (París, Londres, Dublín...) usan o seu patrimonio literario coma un atractivo. Por que non a Coruña?

No hay comentarios: