15.4.11

Aniversario

Onte cumpliuse o 80 aniversario da proclamación da II República Española.
Lembrábanos o amigo Mariano Coronas o intenso traballo que se fixo durante ela para aumentar a cultura dos españois: abríronse 13.000 escolas nun só ano.
Papel educador ó que contribuíu decisivamente a creación das Misións Pedagóxicas, proxecto educativo que tiña como propósito achegar a cultura ós núcleos máis afastados de todo o Estado. Consérvase unha fotografía da súa estadía en Malpica que, de momento, non temos.
Un ambicioso proxecto de modernización política, social e cultural de España en palabras do cátedro Ángel Viñas.
Non hai que esquecer, tampoco, que foi durante ela cando as mulleres conseguimos o dereito ó voto por primeira vez.
En definitiva: unha data para ter presente.
Un artigo para ler
E o excelente documental que vimos no Telediario de onte á noite.
A imaxe procede de alsurdelsur

2 comentarios:

SineNomine dixo...

Lucro cesante, dinlle ao que non tivemos pero puidemos ter.
Foi unha outra vez que se intentou que a cultura axudara a vivir mellor en España, e outra vez veu a Reacción a impedilo.

En culturagalega.org hai un dossier sobre as Misións Pedagóxicas en Galicia, onde aparecen fotos dos títeres das Misións en Malpica

Leo dixo...

Moitas grazas pola fermosa e didáctica aportación que imos aproveitar inmediatament!