"Sempre imaxinei que o Paraíso sería algún tipo de biblioteca" (Jorge Luís Borges)
10.6.11
Hoxe le...
Trátase dunha das nosas actividades favoritas. Puxémola en mrcha hai anos e seguímola mantendo porque ten moito público e moitos aspirantes a actores/actrices...¡a pesares de que é no recreo!
Funciona da seguinte maneira: o Equipo de Biblioteca coloca a comezo do curso unha plantilla con filas numeradas no corcho da BE. Nela, os nenos e nenas que así o desexan van anotando os seus nomes. Xeralmente fanno por parellas. Nese mesmo momento escollen o libro que queren ler e comezan a preparar a lectura. É frecuente que pidan axuda ós seus profes-titores nesa preparación ou tamén ás profes que estamos na biblioteca.
Cando vai chegando o día, os escolares colaboradores preparan uns carteliños cos nomes dos/as lectores e o título do libro que colocaran nos dous puntos de publicidade que ten a actividade: un cabalete en cada unha das subidas das escaleiras coas que conta o centro.
E xa está!
Soa a síntonía, acomódase o público e...¡a ler!
Para esto foi xenial a adquisición do equipo de megafonía, pois escoitase moito mellor.
Sempre hai máis candidatos que días (martes e xoves de tódalas semanas) pero... o ano que ven...SEGUIMOS!!!
Esas que vedes son algunhas das imaxes que recollimos este curso.
Etiquetas:
actividades,
animacion à lectura,
hoxe le...
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario