12.6.11

Xogos tradicionais

Este curso, algúns profes crearon no colexio un grupo para a posta en valor dos xogos tradicionais e, entre outras actividades para acadar ese obxectivo, decidiron pintar o patio cos debuxos alusivos ós xogos seleccionados e que aparecen en Chirlosmirlos, a Enciclopedia dos Xogos Populares escrita por Antón Cortizas.
Xa tiñamos esas fermosas columnas multicores e as mariolas do chan. E agora temos, ademáis estas preciosas imaxes das que esperamos que servan, de certo, para animarvos a xogar.
Non contarei as interioridades do making offpero pensade en profes vindo de noite (coa familia!) porque para proxectar cómpre escuridade... Así que...¡grazas!

3 comentarios:

María José dijo...

Son Cuchi, a da bibliboteca da "Pescadora de Historias", e a que ilustrou a Enciclopedia dos Xogos Populares de Antón Cortizas.
!Faime moita ilusión que escollerades os meus debuxiños para adornar o voso patio! !Noraboa polo traballo!.
!Teño que ir un día por aí para velos de cerca e levarvos un orixinal (xa que os teño eu, non Xerais) para que o poñades na vosa biblioteca, que xa sei que é unha preciosidade.
Moitos bicos a todos.
Cuchi

olga dijo...

Moitas grazas; Cuchi.
Ven e serás ben recibida. Con agasallo ns mans ou sen el.
O teu traballo é, de verdade, FERMOSO.
Moitos bicos