9.6.11

Semanas da froita


Xa o fixemos o curso pasado cun gran éxito, e este curso repetimos.
Cambiamos o formato e, en lugar de facer un mes seguido, decidimos distribuir a actividade en tres semanas: unha en cada trimestre. A razón para facelo foi que, dise xeito, probariamos froitas de varias estacións do ano.
Trátase dunha actividade financiada pola Comunidade Eutopea e que leva por título: Plan de consumo de froita nas escolas que en Galicia conta coa colaboración do FOGGA (Fondo Galego de Garantía Agraria)
O Equipo de Convivencia distribúe polas aulas, antes do recreo froitas de diferentes clases que se varían cada día. Así, algúns nenos e nenas proban na escola froitas que nunca probaran e deciden se lles saben, se non... levándose verdadeiras sorpresas!
O día que fixémolas fotos había sandía, piña e amorodos. Pero tamén houbo mazá, pera, melón, pexegos, ameixas, plátano, mango,cereixas, papaia...Uhmmm!
Aplaudimos a idea do reparto en tres semanas pois cumpliu verdadeiramente o seu obxectivo.
E o ano que ven...máis!

Ningún comentario: