17.6.10

Copiade, copiade, malditos!



¿Qué significa para ti la palabra 'COPIAR'? - Tíscar Lara, Vicedecana de Cultura Digital, Escuela de Organización Industrial from elegant mob films on Vimeo.

Cada vez con máis frecuencia aparecénnos este tipo de dúbidas. Como queira que somos ensinantes, que formamos escolares na deontoloxía das publicacións, cómpre que teñamos claros os criterios: Copiar ou non copiar? Como facelo responsablemente?

Estes videsos conteñen opinións de diversas personalidades vinculadas ó mundo da comunicación e espero, de verdade, que axuden a aclarar conceptos.

Non vale todo. Nin de calquera maneira. Os traballos facémolos as persoas, NUNCA se fan sós. E, polo tanto, salvo no caso de que o autor nos indique outra cousa, teremos a obriga de citar e referenciar a obra dos outros. Como mínimo.

COMPARTIR non é SUPLANTAR.

Que pensariamos de alguén que entra ate a cociña da nosa casa, colle o que considera oportuno e marcha sen dicir GRAZAS? Pois iso.


Vídeo correspondiente al documental "¡Copiad, malditos! derechos de autor en la era digital", producido por elegant mob films y TVE.
Más información:
blogs.rtve.es/CopiadMalditos
facebook.com/CopiadMalditos

2 comentarios:

O Segrel do Penedo dixo...

Que cunda o bo exemplo e as boas prácticas!!

olga dixo...

Iso. Que cundan!