23.6.10

DesconxeLE



DesconseLE é un proxecto de fomento do hábito lector dirixido a mediadores de lectura (libreiros, bibliotecarios, etc.) que puxeron a andar o pasado 23 de abril Día do Libro a iniciativa de 2.0 Editora
Mirade que bonito o din:
Neste momento de enfriamento lector, propoñémosvos desconxelar as lecturas dos vosos conxeladores (andeis) ou que vos acheguedes á vosa libraría de referencia para conseguir un novo libro e realizar o acto lector (se vos cómpre a ansia) :) ou conservar no andel para cando o acto lector che sexa máis apropiado.
Lembra que ler é conversar cun autor, un diálogo continuo e perdurable do que sempre disporemos, sexa conservado en formato sólido (en papel) ou en formato líquido (dixital).

Coñecímolo en Brétemas

2 comentarios:

Bibliomanía dijo...

Bo verán de lecturas desconxeladas e frescas, para consumir á sombra ou diante do mar...
Apertas!

olga dijo...

lecturas, escrituras, fotografías, amigos, familia, descanso, expurgos domésticos...o VRÁN!!!