15.12.09

ExpoAstronomía



Como ben sabedes, hai uns días que tivemos no cole un Planetario móbil ó que fomos todos os cursos.
Con tal motivo, fixemos unha exposición de libros sobre o tema xa que o estudo do Sistema Solar está en tódolos cursos.
Os nenos e nenas de 6ºA fixeron tódolos planetas a escala e con eles montamos a exposición.
O certo é que foi un éxito e moitos días non puidemos tirar fotos porque os libros andaban seguido nas mans dos nenos e nenas.
Aquí está hoxe para que tamén a vexan as familias.
Nin que dicir ten que a montaxe artística é obra do profe José, que xa sabedes que é un artista!!

1 comentario:

Encarna dixo...

PARABÉNS PARA ESES NEN@S DE 6ºA por esa exposición tan interesante.
Bicosssss...