Onte miramos as estrelas. É verdade que habitualmente acudiamos ó Planetario da Coruña pero este ano fixemos que as estrelas viñeran a nós. E todos: desde Infantil a 6º fomos pasando por ese espazo máxico que montaron no pabillón.
Parece pequeno, pero colliamos todos perfectamente ¡ata Alberto coa cadeira de rodas!
Foi un día celestial. Mirade:
Temos tamén, estes días, unha selección bibliográfica sobre o Universo, as estrelas e a lúa que xa estades a usar.
2 comentarios:
Eu miro o ceo tódalas noites pero... nunca aprendera os nomes das estrelas e as constelacións...Pero estes días voume fartar a ler os libros da exposición e ¡vounos aprender todiños!
Pois si que parece máxico ese planetario... Só hai que ver as súas cariñas!!!
Bicos estrelados dende Fene
Publicar un comentario