Cando este curso propuxemos o tema da Vivenda para o noso PDI, as profes de Infantil avisaron:
-Vale, nós estudaremos a Cultura Castrexa
E, nin curtas ni perguiceiras, programaron o tema e... botaron a andar.
Coma decote, cada escolar ten o seu carnet de Investigador/a que leva consigo para casa cada vez que ten unha encomenda.
Estas, saen da aula: que comían, como vestían, como eran as casas, como conservaban os alimentos, a que se dedicaban.... as preguntas que van xurdindo.
Teñen nas aulas libros nos que se van documentando e logo, coas familias, van buscando a información que precisan para completar.
O proxecto aínda está nos comezos pero mirade canto levan aprendido.
Ningún comentario:
Publicar un comentario