20.4.09

Somos FINALISTAAAAAAAAAAAS!!!

Pois si. Esta tarde díronse a coñecer os finalistas dos premios Espiral Edublogs 09 e...: ahí está o noso blog.

Estamos satisfeitas con este recoñecemento especialmente porque se trata dun premio outorgado por profesores e profesoras, persoas que están-estamos cada día a pé de aula e sabemos en que consiste o traballo diario, o uso efectivo das ferramentas electrónicas, o seu aproveitamento didáctico, persoas que simultáneamos e facemos ún da didáctica, a avaliación e o uso de ferramentas de comunicación non tradicionais... sempre co norte do millor aproveitamento daquelo que queremos transmitir. No noso caso co atranquiño de facelo nun medio aínda non moi poroso ás novas tecnoloxías e sen poder contar co apoio dos mesmos medios nos fogares. Pero é esta mesma razón a que fai que tome o seu máis real sentido aquelo da igualdade de oportuniddes e a universalidade do ensino público e.... ¡bueno, xa sabedes!

Dixemos, no seu momento que este blog era unha fiestra de comunicación co mundo. E así é.

Felicitamos a todos aqueles compañeiros e compañeiras de viaxe das Bibliotecas Escolares de Galicia cuxos blogs foron asemade distinguidos así como a todos cántos amigos temos por España adiante e que son finalistas acanda nós.

Que estamos contentas ¡¡Ea!!

E aí queda o logo que nos distingue coma finalistas e que agradecemos xa dende hoxe coma unha magnífica condecoración, porque é bonito saber que outros colegas aprezan o que facemos.

GRAZAAAAAAAAAAAAAAAAAAS.

15 comentarios:

Chispa dixo...

BICOSSS E FELICIDADES POLO MERECIDO RECOÑECEMENTO.
APERTAS AGARIMOSAS DE CHISPA!

Bibliobrey dixo...

Noraboa. Alegrámonos moito. Ser finalista xa é todo un recoñecemento.

Bicos como páxinas dende Ponteareas

Bea

MIK dixo...

PARABÉNS!!!
Alégrome moitísimo, por vós e tamén por todos os que non estamos aí pero que nos sentimos fabulosamente ben representados.
Unha aperta dende Vigo

a Ponte Vella dixo...

Moitos parabéns! (nós estamos que non damos acreditado)

Antonio Martínez dixo...

Son o segundo, non o primeiro, en felitarvos, en felicitarar á vosa comunidade educativa por este recoñecemento.
Parabéns.

Loly dixo...

Parabéns polo recoñecemento a un traballo ben feito.
Agora a coller folgos que chega o "sprint final".
SORTE!!!!!!!!!

Montse dixo...

Moitas felicidades!

BIBLIOCERVO dixo...

Noraboa a todos os blogs finalistas e en especial aos das bibliotecas galegas!
Unha aperta dende Cervo

biblioboveda dixo...

OLGAAAAAAAAAA. A JANAAAAAAAR

Ronsel dixo...

Máis ca merecido. Sobran comentarios, cando o traballo fala por si só. Parabéns.

CEIPARUA dixo...

Dende o CEIP A Rúa de Cangas sentímonos felices de que se valore o voso bo facer.
Os nosos parabéns!!
De verdade que é un placer ler o voso blog. Un galardón merecido.

TERESA dixo...

N0RABOA POLO TRABALLO E POLO RECOÑECEMENTO BICOS
TERESA

Isa dixo...

Como creo que son a última, xa non me quedan frases de felicitación que non vos dixeran,...!!!
Alégrome un montón de este recoñecemento, que por outro lado xa o tedes no día a día,...
Biquiños dende Moaña

Mari Carmen dixo...

Moitas felicitacións para a profesora e nen@s de 5ºA por ser finalista do premio Espiral.
¡Tédelo ben merecido!
Moitas, moitas apertas agarimosas.

Mari Carmen

olga dixo...

Ola, Carme. Supoño que quixeches dicir 5ºB. Pero o blog que está nomeado finalista é o da Biblio.
Botámoste de menos.
Bicos.