20.4.09

Diccionario de Escritores do Deza



A compañeira e amiga Gracia Sanctorum, responsable que foi da biblioteca escolar do IES de Silleda, ven de publicar, da man de Edicións Fervenza, o Diccionario de Escritores do Deza.

Moito nos comprace a aparición no mercado deste tipo de obras, minoritarias por definición, pero que no noso País, rico en cultura onde os haxa, son tan necesarias. Pero, nesta ocasión comprácenos aínda máis se cabe. Porque sabemos do traballo incansabel de Gracia, da súa dedicación á lingua, á literatura, do seu compromiso coa aula, coa docencia, coa transmisión cultural... e pensamos que esta obra non é máis (nin menos!!!) que unha pedriña máis no seu camiño que, nesta ocasión, poderemos disfrutar todos e todas e non só aqueles que son os seus alumnos e alumnas.
Agora agardamos un libro de poemas. Que sabemos que os fai, e moi ben, por certo.

Sorte Gracia, nesta andaina que comezas e que te fará acadar novas dimensións.

2 comentarios:

Gracia Santorum dijo...

Fixéchesme chorar, condenada! O que menos esperaba era atopar isto. Jo, moitas grazas, de verdade.
Os poemas, entre ti e mais eu, de verdade.
Bicos. Non. É pouco. Preferiría chucharte.

olga dijo...

Non hai ningunha palabra que non sexa merecida na entrada publicada. E eu manteño, como sabes, a máxima de CJCela: O que resiste, gaña.
E ti, vas gañando.
Noraboa, de novo.