21.4.09

Biblioteca Digital Mundial

Fai catro anos que James H. Billington, bibliotecario do Congreso de Estados Unidos, lanzou a idea de crear unha BDM que acumulara recursos de tódalas culturas e de tódolos tempos aproveitando os medios que hoxe ofrece a tecnoloxía dixital e que sería unha nova versión da idea que no seu momento supuxo a Biblioteca Real de Alejandría fai máis de 2000 anos.
Pois ben: hoxe faise realidade aquela idea.
O enderezo da versión española (aínda non hai unha versión en galego) é http://www.wdl.org/es
Podedes atopar máis información aquí e aquí.

A iniciativa foi amadriñada pola UNESCO coa contribución de Microsoft e Google.
Gústannos este tipo de iniciativas porque fan medrar a solidariedade entre os pobos, porque democratizan a cultura poñéndoa ó alcance de todos e todas e porque casan as dúas grandes vías do coñecemento actuais: medios físicos e medios electrónicos.
O futuro xa está aquí ¿Quen non soñou algún día con esto?
Claro que, coma con todo canto nace, agora haberá que esperar a ver como medra.

Ningún comentario: