Gaita galega ------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------Gaita escocesa
En Galicia existe, desde a fundación da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense aló polo ano 1990, unha forte controversia sobre o instrumento en sí mesmo, o seu deseño, o seu son... Ata tal punto chega a discusión que contamos, fronte a esa banda, ca Asociación de Gaiteiros de Galicia e mesmo un Colectivo en Defensa da Gaita .
Ven o asunto a colación porque, unha vez máis, un Presidente de Galicia tomou posesión do seu cargo ó son deste instrumento. E escolleu. Tomou partido nesta discusión que, ó que parece, non é só musical.
Parece que o sentido común aconsellaría que, en tema tan sensible e ¿menor? non se tomaran posturas institucionais pero... desta volta non foi así.
Deixámosvos os enlaces e os deseños de ambas gaitas para que formedes a vosa propia opinión.
Seguro que, mirando os debuxos, xa identificáchedes cal é a que se toca en Malpica.
Por certo, as imaxes foron atopadas en Google con esas etiquetas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario