Vía Biblioblogreboreda descubrimos estes videos de Charli e Lola moi axeitados para o Día do Libro que xa é o vindeiro xoves.
Eles son os protagonistas duns libros para nenos e nenas escritos por Lauren Child.
Neste epidodio, Lola fala do seu libro favorito mentres seu irmán tenta convencela de que hai máis libros que ese que tanto lle gusta.
Aquí podes ver a segunda parte do video.
Sempre conto ós meus alumnos que, cando eu era pequena, o meu libro favorito era un diccionario porque...¡tiña tantas cousas! Abríndoo sempre topaba cousas novas. Claro que hai que ter en conta que, daquela, non había estes marabillosos libros de información que temos hoxe. Pero, a min, seguen a gustarme moitísimo os diccionarios. Tal vez sexa por eso...
E agora dime: ¿Cal é o teu libro favorito?
Ningún comentario:
Publicar un comentario