29.4.09

Os tres porquiños


Estes días ándase a falar moito do porco. Moito e non precisamente ben. Andan a ser nomeados como responsabeis dunha gripe que circula polo mundo desde México.
Hoxe imos falar ben deles.

A nós gústannos os porcos. En Galicia sabemos ben da súa valiosa aportación á cultura en xeral e á nosa dieta, en particular.
E, ¿que dicir da literatura infantil? ¿a quen non lle contaron o conto dos tres porquiños?

Pois aí queda: dedicado a tódolos porquiños que tanto teñen feito e fan por nós e que seguen a deleitar desde a humildade a grandes e pequenos.

Deixámosvos esta deliciosa versión orixinal de Disney.

Na biblioteca temos varias versións deste conto ¿queres ler algunha?

Ningún comentario: