25.4.09

Proba de boa saúde

Esa é a miña opinión: que a literatura infantil e xuvenil en galego goza dunha excelente saúde.

Como proba, se se precisa, traiovos unha nova que xa non o é tanto pero da que ata hoxe non nos fixeramos eco:

A Biblioteca Nacional contará a partires do ano que vén cun
Centro IBBY da Literatura Infantil e Xuvenil para a Diversidade Cultural , a primeira biblioteca internacional especializada na colección, estudo e divulgación de libros para nenos/as,e mozos/as escritos en linguas minoritarias.

O acordo foi asinado pola anterior conselleira de Cultura (Ánxela Bugallo e a presidenta do IBBY( a canadiana Patricia Aldana) no marco da pasada Feira do Libro Infantil e Xuvenil de Bolonia e, segundo a Sra. Presidenta, o centro:
"constituirá o punto de referencia mundial das literaturas infantís e juvenís que se escriben en linguas minorizadas".
Para completar o asunto, o IBBY celebrará en Compostela o seu 32 Congreso, do que tes AQUÍ toda a información.

Para saber máis, visita esto, esto e esto

Ningún comentario: