Hoxe é o Día do Libro. E nós non é que vaiamos ser moi orixinais, non o pretendemos siquera. Así que decidimos montar unha exposición con libros escolares ... ¡doutros tempos!
Sei que temos unha vella liorta cos libros de texto e non pretendo, nesta ocasión, entrar na polémica.
O que buscamos foi pór de manifesto a diferencia.
Tal vez os alumnos e alumnas de hoxe nunca viron estes libros nos que estudaron seus avós e mesmo os seus bisavós. Velos, tocalos, follealos...pode provocar interesantes conversas sobre o contido, a organización das materias escolares e mesmo sobre a encadernación e o libro como produsto físico.
Bueno. Que a nós pareceunos interesante o tema e recurrimos a quen os tiña.
O actual IES Urbano Lugrís de Malpica, herdou a colección de materiais que durante décadas se fora acumulando nas Escolas Vizconde San Alberto (coñecidas coma Escolas da Cerca) e no CP de Beo. Amablemente puxeron á nosa disposición todo canto quixemos, feito que agradecemos desde estas liñas.
Preciosos os libros informativos, un libro de texto de Educación Física...¿Que dicir dunhas revistas para mociñas similares ás que hoxe mercan as nosas adolescentes?
¡Libros deliciosos!
Persoalmente descubrín que a Enciclopedia Álvarez TAMÉN TIÑA Libro do Profesor. Non o sabía.Eu pensaba que era un invento das editoriais actuais para conseguir o favor do profesorado. Pido disculpas pola miña iñorancia.
Prometo, para estes días unha reportaxe dos materiais que temos expostos, que inclúen unha Biblia de 1887 xentileza da nosa querida ex-profesora Mª Esther Barca.
Feliz Día do libro.
Felices lecturas
Ningún comentario:
Publicar un comentario