9.2.09

Lecturas de amor romántico

Estes días vas oir falar moito de AMOR. De amor romántico, que é unha das formas en que se manifesta ese fermoso sentimento que move o mundo.
¿Queres ler historias de amor? Seguro que xa coñeces O soldadiño de chumbo, a Sereíña (se pinchas nos enlaces poderás ver os vídeos)
... pero... ¿queres ler máis?
Desde a biblioteca preparamos para ti unha selección de historias amorosas: de amores correspondidos, de outros que non o son, de primeiras citas, de aventuras...


Se, ademáis, queres aprender algo máis sobre San Valentín e como se celebra esta festa noutros países, pincha no enlace.
Despois de facelo, estarás preparado/a para facer este xogo que fixeron as compañeiras do Ceip. Andrade de Ferrol




E non esquezas querer a quenes tes ó lado!!!

4 comentarios:

Encarna dixo...

Raioteca alégrase moito de ver o seu xogo de San Valentín colgado no voso blog, gustáronnos moito os videos, sobre todo o da sereiña, adiviñamos que se trata do mar de Malpica. Estupenda selección de libros de amor e amizade, o breve e bo, dúas veces bo.
Moitos Bicossssssss.
Raioteca. Biblioandrade.

bibliotecadocole dixo...

Non falta nada nesta entrada: libros, vídeos, xogos,..Que entrada mais...amorosa.

Bicos dende Moaña

olga dixo...

Por tutatis, Isa! Pásate por eiquí de cando en vez porque me levantas a moral.
Grazas.

Loly dixo...

Fermosísimo ese cartel, nótase que desprende moitísimo AMOR!!!!
BICOS.