8.2.09

Luis Pescetti

Hoxe lembrei a Luis Pescetti a quen coñecín hai xa varios anos da man das bibliotecas municipais de Coruña e logo, dado o tremendo éxito que tivera a súa presenza, repiteu a visita da man do CFR, tamén da Coruña.
Luís é un tipo que respeta profundamente o mundo infantil e adica o seu tempo e o seu traballo a facer productos especialmente orientados a ese fin, co obxectivo de que non teñan que satisfacer as súas inquedanzas recurrindo a productos para adolescentes e/ou adultos.
Na súa web poderedes coñecer o seu traballo de primeira man.
Ten, tamén unha ampla presenza en youtube onde poderedes deleitarvos coas súas cancións.
Na biblio temos algúns dos seus discos:
Cassette pirata e El Vampiro negro
e algúns dos seus libros, que en España edita Alfaguara:
Frin, El pulpo está crudo, Natacha, Caperucita roja (tal como se la contaron a Jorge)
Sabemos de canto disfrutan nenos e nenas cos seus poemas desbaratados, as súas cancións irreverentes...
Probade!!!

Ningún comentario: