15.2.09

POLO MAR ABAIXO. Antroido 2008



O ENL e o EBE, ofrecémosvos unha cheas de recursos e actividades para traballar sobre o antroido nesta semana que entra.
Hai propostas para xogar no ordenador, para colorear, para facer caretas, antifaces, para investigar e saber algo máis...

Botamos en falta topar documentación escrita sobre as riquísimas tradicións do antroido malpicán: as madamas e madamitos de Cerqueda, o xogo das vacas de Barizo, o enterro da Mikaela de Buño.... así que pode ser esta unha magnífica ocasión para escribir sobre elas ¿non sí?

Este ano celebrarémos o MAR e haberá de todo: surfeiros/as, cabaliños de mar, polbos, mergulladores/as, neptunos, piratas... Hai algúns días que xa está montada a exposición de materiais no corredor do primeiro andar para que poidas levalos en préstamo.
E como remate da festa: o desfile do venres no que cantaremos, bailaremos ...¡e comeremos!

Mentres tanto, aí tes os materiais para saber algo máis.
E...¡a disfrutar!

(Para ver a páxina dos materiais, preme sobre a imaxe que toparás na columna da dereita)

4 comentarios:

cormelana dijo...

O que máis me gusta das actividades do Milladoiro no Entroido e que nos mandedes levar lambeyadas, unha boa excusa para que as mamás nos poñamos boas de filloas jejeje

olga dijo...

¿E que me dices das caras dos teus fillos cando chegan de volta e a súa excitación gozosa do día anterior ó desfile?
Grazas por seguirnos con interés. É algo que nos estimula moito a facelo cada vez millor.

O principiño dijo...

Grazas Olga por facer esto posible.

Leo dijo...

E ti...¿de quen ves sendo?