8.12.08

Literapia: libros contra a dor



Este verán,nun deses días nos que hai TEMPO, topei cunha columna de opinión da miña admirada Marina Mayoral. Falaba ela dunha iniciativa cen por cen galega chamada LITERAPIA

¿Que resultou ser?:
Filólogos, psicólogos, escritores, xornalistas e médicos, baixo a dirección do catedrático e ex rector da Universidade de Compostela, Darío Villanueva, agrupados na Fundación do Policlínico A Rosaleda e coa colaboración económica de Caixanova, puxeron en marcha hai algún tempo un proxecto de investigación chamado así.


Consiste en utilizar a lectura e a escrita como instrumentos curativos en enfermidades de índole psicolóxica e como paliativo da dor en aquelas de índole física.

Manteñen que a lectura favorece a resposta inmunitaria a moitas doenzas xa que axuda a producir endorfinas que aumentan as defensas contra da enfermidade.

Parten da base de que, cando lemos con placer, transportámonos no espazo e no tempo, alonxámonos do sufrimento físico, somos protagonistas doutras historias e... somos felices.O que contribúe notablemente a enfrontarse con máis posibilidades de éxito á enfermidade.

A iniciativa está xa en marcha, ademáis de en Compostela, en Madrid e Pontevedra e numerosos centros hospitalarios de Europa e América teñen mostrado o seu interés nela.

O curioso da noticia non é o descubrimento dese valor da lectura: é algo que tódolos lectores sabemos. Non. O que a fai especial é que o Programa é real nun mundo que aparentemente só se rexe polo que se pode demostrar co método científico. O curioso, e celebrable é que se relacionan directamente criterios médicos con outros dos que sabemos... pero tal vez non sexa tan doado cuantificalos.

A min alegroume saber esto. Por se precisamos argumentos para defender a lectura.

Deixovos algúns enlaces para ler algo máis:
Libro sin tinta
Escribirte
Letralia
BiblioArzúa
(as imaxes proceden de Libro sin tinta)

6 comentarios:

Chispa dixo...

Un interesantísimo artigo este que nos ofrecedes. Canta razón e canta lóxica ao mesmo tempo!
Farémonos eco desta entrada no noso blogue "co voso permiso e a nosa cara".
Biquiños e apertas agarimosas desde a Biblio do CEIP de Pazos

fátimagpr dixo...

Ola desde Valadares:
Paréceme moi intresante o artigo e faremos unha entrada no noso blog
Un biquiño salgado do sur...
CEP Igexa-Valadares.

O Segrel do Penedo dixo...

Está visto que non podo estar tantos días sen entrar nos blogues... cantas cousas me estaba a perder!!!
Así que secundo a idea de Chispa e Biblioteca e faremos nós tamén unha entrada no blogue sobre Literapia.
Grazas Nautilus!!

Anónimo dixo...

Pois nos xa fixemos unha entrada fai tempo pero seguramente haberá que retomar o tema. Por si queredes velo aquí vos deixo a dirección: http://biblioarzua.blogspot.com/search/label/Literapia
O que está claro é que a lectura é moito máis que un conxunto de follas ensanbladas que alguén pasa nun momento dado.... é moito máis...

Loly dixo...

Grazas Marina.
Dende que lin este artigo non podía sacar da cabeza que xa tiña lido algo sobre o tema, lembraba que incluso fixera algún comentario, pero non recordaba onde fora... Agora xa está o problema da miña "memoria" resolto, foi en Biblioarzúa !!
Bicos

olga dixo...

Marina, sinto non ter citado a vosa entrada sobre o teme. Non a lin. Discuuuuuuuuuuuuuuuúlpame.
Polo que vexo foi a finais de maio e, anque intento ler canto se publica (ou xase todo) debía andar liada. Polas datas.
Agora mesmo poño unha referencia no noso artigo.
Moito bicos. olga