8.12.08

A Felicidade é algo que se pega



Lembreime do asunto da Literapia que comentei na entrada anterior, este sábado cando o xornal volveume sorprender cunha noticia positiva (que non son tantas como vos parece: hai días que non aparece ningunha).

Esta vez foron as conclusións do estudo levado a cabo por dous profesores estadounidenses e publicado pola revista médica British Medical Journal. Deixovos o enlace para ler a noticia completa na Voz, que foi onde a lin eu.

Este tipo de noticias adoitan pasar desapercibidas, sen que ninguén lles preste moita atención, pero....¿non é un magnífico descubrimento?, ¿somos conscientes do potencial desta afirmación? Xa sei que estaredes a dicir que... xa o sabiamos. Vale. Pero unha cousa é sabelo, e outra poder demostralo.

Así que xa o sabedes: ter un amigo feliz, fai máis pola nosa propia felicidade que gañar un premio de 5.000€. Vivir rodeado de xente feliz aumenta as nosas posibilidades de selo. En cambio, a infelicidade non se pega tanto (por sorte!!!)

Os autores do estudo xeralizan as súas conclusións ó mundo virtual en comunidades como Facebook.

Así que, xa o sabedes: A sorrir e irradiar felicidade... que todo se pega!!

De paso, entereime da historia dos emoticóns

E para os que sabedes inglés, o enlace ás publicacións no BMJ dos profesores Christakis e Fowler

1 comentario:

O Segrel do Penedo dixo...

Debemos ter moi en conta esta fantástica notica, que como moi ben dis xa sabiamos, pero necesitábamos que alguén o demostrase.
Esperemos que esta fin de semana a túa felicidade (que desexo sexa enoooooorme)poida pegárselle a quen máis a necesita e así tamén a poida "transmitir"...
Bicos dende Fene