5.12.08

Convidar a ler: convidar a soñar




Como cada ano nestas datas, o Equipo de Biblioteca achégavos unha selección de lecturas para agasallar nestas datas.
Escollémolas de entre as que sabemos que lles gustan os nenos e nenas, de entre as novidades editoriais... Procuramos que todas elas teñan unha calidade contrastada, polo texto, pola ilustración, por ambos...

Esperamos que poidan orientar as vosas compras.

No blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia, poderedes atopar as suxestións que fan outros equipos de biblioteca dos centros integrados no Plan de Millora das Bibliotecas escolares de Galicia.

No hay comentarios: