El era un home sociable e ben relacionado. Ela non poñía o pé fóra de cen metros arredor da casa.
El baixaba á vila tódolos días. Ela non ía nin ós enterros.
El era violento e agresivo e mallaba nela día si e día tamén. Ela era traballadora, simpática e dulce.
El levantaba a man e o que lle cadrara. Ela sempre levaba caramelos no peto cos que convidaba ós nenos que lle pasaban pola porta.
El viviu protexido por un muro de silencio. Ela viviu presa tras do mesmo muro.
A morte del só a liberou das tundas.O muro caeu o día do enterro. Dela
Novembro de 2008
Vía O Segrel do Penedo
Para que os nenos e nenas a quenes estamos a educar, non levanten muros de silencio... nin os deixen levantar.
3 comentarios:
Grazas Olga, por achegarnos a terrible historia de "Ela"
Derrubemos entre todos eses muros. Non máis silencios, NON MÁIS "ELAS" !!!
Bicos dende Fene.
E unha historia terrible, pero hai que vencer o medo a contala, para que non suceda máis. ¡Grazas por porlle voz e compartila con todos!
Unha aperta dende Moaña
NON MÁIS VIOLENCIA!
VIOLENCIA, NUNCA MÁIS!
Que polo menos os adultos e adultas do mañá leven das nosas Bibliotecas os pilares para acabar con ela.
Bicos agarimosos da Biblioteca do CEIP de Pazos.
Publicar un comentario