De novo, este ano, os Premios ás Boas Prácticas nas Bibliotecas Escolares recoñecen o magnífico traballo das bibliotecas galegas.
Nesta ocasión, os compañeiros e compañeiras do IES Alfonso X O Sabio de Cambre (A Coruña) e os do IES Carlos Casares de Viana do Bolo ven recompensado o seu labor a prol da lectura, da información, da educación.... o seu labor na educación dos cidadans do s. XXI.
Aplaudimos ós compañeiros premiados e sabemos que Galicia está cada vez máis chea de bibliotecas escolares activas, cheas de vida e de cor, cheas de traballo e de ruído, cheas de proxectos.... e ó servizo da EDUCACIÓN e dun ensino público de calidade.
Sen querer escurecer o valor dos compañeiros premiados, saúdamos desde esta páxina tamén a todos aqueles centros que non obtiveros o galardón, porque sabemos que hai entre eles méritos abondos. E que si non foi este ano.... ¡temos tempo!
Mil PLAMBES máis para as Bibliotecas Escolares Galegas!!!!!!!!!!!
2 comentarios:
Moitas grazas polo comentario tan cariñoso doutro centro premiado.
Os premiados se piropean e eu... Que? EU ALEGREIME O ANO PASADO E AGORA ALÉGROME ESTE!!!!!!
E ademais vós sabédelo, non si?
Bicos
Publicar un comentario