Supóñovos enterados da existencia da Expedición Malaespina. Trátase dun proxecto científico moi ambicioso ( 17 millóns de euros!) do Ministerio de Ciencia e Innovación que ten como obxectivo principal avaliar o impacto do cambio climático nos océnos e a influencia deste na biodiversidade.
Como vos deixo o enlace á páxina da expedición non me extenderei en detalles pero hoxe quero poñer de relevo que a participación dos investigadores galegos nela é abundántisima (30 segundo a Voz de Galicia) feito que non vimos reflexado en ningún outro medio de comunicación.
Hai moitas reseñas na rede sobre a os números de participantes de outras procedencias. E reséñanse con orgullo.
Ben. Aí os tendes: 30 galegos e galegas procedentes de:
O que pon en valor decididamente a calidade da investigación mariña en Galicia, como non podía ser doutro xeito tendo en conta a nosa vocación marítima e mariñeira. Lembramos a concesión do Campus de excelencia ó proxecto presentado pola Universidade de Vigo, xa que no mundo somos unha referencia indiscutible.
Nestes intres está tamén na expedición acompañando ao Hespérides, o Sarmiento de Gamboa (tamén galego) cun equipo de investigación de homes e mulleres que a penas supera os 30 anos.
Pois iso. Para sentirnos orgullosos. Para pórnos en valor. E para perseguir soños. Porque a ciencia e a investigación son campos apaixoantes.
E se o tema é o mar... ¡aínda máis!
Ningún comentario:
Publicar un comentario